Blogia
CIUDADAN@S CABREAD@S, denunciando al sistema.

REGANOSA CONTINÚA HACIENDO LO QUE QUIERE, INCLUSO PASANDO DE LA JUSTICIA

Copia de la demanda presentada por Humberto Fidalgo Couce, Vicepresidente de ADEGA (Trasancos) ante la FISCALÍA DO MEDIOAMBIENTE DE GALICIA. Dice así:

Humberto Fidalgo Couce con D.I 32623456v actuando en representacion de ADEGA (Asociacion para a defensa ecoloxica de Galicia) con domicilio a efectos de notificacion no apartado de correos 481 de Ferrol.

Polo presente escrito queremos denunciar e poñer no seu coñecemento que as obras de construcción dunha planta de gas licuado no concello de Mugardos continúan realizándose a pesares de incumprir todos os permisos e licencias que hipoteticamente as autorizaron.

Remitímoslle unha nota de prensa extraida do xomal "La Voz de Galicia" do dia 2 de marzo 2007, onde se pode leer que Reganosa continua coas obras da planta de gas e anuncia para maio a entrada do primeiro buque gaseiro. (ver anexo I)

Por resolución do 13 de febreiro do 2004 a Dirección General de Politica Energética y Minas (en adiante DGPEyM) aprobou, baixo certos condicionados, o proxecto constructivo para a construcción dunha planta de gas no lugar de Punta Promontorio. Con posterioridade e fundamentándose nesta aprobación, o Concello de Mugardos otorgou o 29 de marzo do 2004 a licencia de obras e de actividade.    

A anteriormente citada aprobación da DGPEyM especifica que o prazo máximo  previsto para a construcción será: "de 36 meses a partir de fecha de la presente resolución" (Condición Cuarta, páxina 22 que se adxunta no anexo 2). Solicitamos a intervención de Vde. ante este novo incumplimento da legalidade, xa que  o prazo sinalado rematou o pasado 13 de febreiro do 2007 e polo grave risco que supón para as persoas e o medioambiente unha planta de gas que continua a sua construcción  a pesares das sentencias do Tribunal de Xuxticia de Galicia e vulnerando o mesmo contido da aprobación do proxecto constructivo.

O incumplimento de outros condicionantes xa teñen os seus propios procedementos contenciosos-administrativos en curso, e sobre os cales o T.S.X.G xa emitiu duas sentencias que anulan a tramitación ambiental de Reganosa (sentencias 536/2004 y 00604/2006).

Pensamos que sin a súa intervención, non será esta a ultima vulneración que cometa Reganosa amparándose na inevitable lentitude dos procedementos xudiciais, pois, de chegar a suceder o adiantado a través da nota de prensa que lle remitimos, a inminente entrada de un buque gaseiro incumpliría de novo a citada aprobación da DGPEyM. Xa que esta mesma aprobación especifica na páxina 3 que os informes dos organismos consultados han respondido “.... condicionando la construcción de las instolaciones al cumplimiento de determinadas condiciones que se ponen de manifiesto en los informes emitidos ". En tales informes apréciase que algúns importantes condicionados son de imposible cumplimentación para esta planta de gas, entre outros: as distancias de seguridade as poblacions próximas ou a saída en caso de emerxencia de buques gaseiros.Polo tanto, Reganosa está construindo unha planta de gas sin haber acreditado previamente que cumple coa legislación vixente tal e como require o artigo 67 do Real Dccrcto 34/1998 do Sector de Hidrocarburos.

Suficientes catástrofes sufriu Galicia nos ultimos anos, polo cal debemos esixir o cumplimento estricto das normativas correspondentes e poñémolo no seu coñecemento confiando que aínda se este a tempo de evitar.                      

                                                                                    Humberto Fidalgo Couce                                                                                                                                                                    Vicepresidente de ADEGA (Trasancos)

  

                                                                                    Ferrol, 6 de marzo 2007


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres