Blogia
CIUDADAN@S CABREAD@S, denunciando al sistema.

EN GALICIA CRECE EL DESCONTENTO CON EL BIPARTITO

La desilusión e indignación crece por momentos entre los ciudadanos gallegos, atónitos ante la aberrante actuación del bipartito. Resulta especialmente enojosa la actuación del BNG, con fuertes disensiones internas (expulsiones incluidas), provocada por la plastante y dictatorial actuación del grupo liderado por Paco Rodríguez. En "El País" tuvimos ocasión de leer estos días unas opiniones de Suso de Toro sobre la lamentable actuación del bipartito. Ahora publicamos una de las réplicas, que hemos encontrado en el blog "caraaovento". La compartimos.

Outra política


Ten toda a razón Suso de Toro, foi para facer outra política. Tentei dicir algo semellante en forma de metáfora pero semella que cómpre ser máis explícito.

Sei o difícil que é vencer e superar as inercias e dinámicas do “fraguismo” mais se os votei foi porque agardaba que cando menos o ían intentar.

Aínda a risco de que me tachen de hipercrítico ou “pouco colaborador, van para dous anos de goberno e antes que empecen a xustificar o continuísmo actual coa milonga á que se recorre nos concellos (cómpre consolidar, esta foi unha fase de “toma a terra”, as medidas reais e de cambio han vir para a próxima lexislatura....), cómpre dicirlles que nos merecemos outra política

Merecémonos que:

· Cando nos relacionamos con algunhas –afortunadamente, non todas- vicepresidencias, consellerías e demais entramado institucional nos traten como cidadáns –mesmo cidadáns discrepantes- e non como súbditos.

· Desaparezan determinados persoeiros, non polos últimos acontecementos, senón porque hai centos de motivos polos que nunca deberon estar aí.

· Entendan que o papel do “intelectual colectivo” non é ser o seu particular “botafumeiro”.

· Comprendan que a administración non pode ser unha axencia de colocación, que á fronte de determinados proxectos teñen que estar persoas capaces e cunha cualificación profesional contrastada.

· Sexan quen de entender que pode ser un bo cadro organizativo e mesmo un excelente concelleiro –xa non digamos cando non se dan nin unha cousa nin a outra- e que non sexa a persoa idónea para estar á fronte dun cargo que esixe tamén duns coñecementos dos que carece.

· Non confundan “populismo” con nacionalismo progresista.

· Aprendan que a participación é antónimo de “traballa para min e cando eu che pida opinión. Iso si, que o saibas: digas o que digas hei facer o que me pete e mesmo deturpar as túas propostas”.

· Susbtitúan os correos electrónicos con notas dos gabinetes de comunicación (nalgúns casos, de “incomunicación”) das institucións pola información e o debate das liñas políticas que deben presidir a actuación á fronte das diferentes áreas da administración.

Mentres tanto, se seguen reproducindo dinámicas que me gustaría ver desterradas; se mesturan á súa conveniencia organización política con administración/institución”; se improvisan e fan do populismo, a trapallada o teu método de traballo….pois que saiban que corren o risco que haxa quen, parafraseando a Llach, cantemos aquilo de: “non era iso, compañeiros, non era iso”. Noutras palabras, que haberá persoas que non admitimos que o silencio, o medo a que o adversario utilice esta ou aqueloutra manifestación, sirvan de pretexto para xustificar o inxustificábel.

E esa “canción” soará en bitácoras e nos foros que voluntariamente escollemos para expresar que camiñan por vieiros perigosos.

Aínda hai marxe para endereitar o rumbo pero moito me temo que pode máis a “síndrome do emperador”.

0 comentarios