EN DEFENSA DO ESTADO DE DEREITO E DA CONVIVIENCIA DEMOCRÁTICA
Aínda non ben recuperados do horror que nos produciu a actitude das hordas do PP (senadores dende logo non parecían) na comparecencia do Presidente do Goberno no Senado o pasado día 7, para explicar a decisión de aplicarlle a prisión atenuada ao terrorista De Juana Chaos, contemplamos con auténtico estupor os berros enardecidos de "Arriba España" (non "Viva España", senón "Arriba España", como cando Franco) proferidos polo líder da oposición deste estado aínda democrático ao remate da manifestación convocada onte, domingo, en Madrid polo PP.
Queremos manifestar a nosa total repulsa diante de tales actitudes e, dado o cariz envelenado que se palpa claramente nestes últimos acontecementos, convidamos a todas cantas persoas compartan a mesma preocupación a que así o manifesten por calquera medio que teñan ao seu alcance. Non se trata de defender ningún partido en concreto, senón de saírmos ao paso destes comportamentos fascistoides da dereita declarándonos totalmente a favor do estado de dereito e da convivencia democrática que tanto custou construir.
Un saúdo e non quedemos calados,
Enrique Banet & Mabel Rivera (Santiago de Compostela).
0 comentarios