Blogia
CIUDADAN@S CABREAD@S, denunciando al sistema.

ANIVERSARIO DA GUERRA DE IRAQ

Fai dous días ven de celebrarse o tráxico aniversario do comezo da interminable guerra de Iraq. Creo que ben merece una reflexión. Durante a última guerra mundial os xudeus foron víctimas dunha masacre sen precedentes na historia: o chamado holocausto. ¡Incualificable!. Por elo, e dende entón, todo o mundo está a pagar por aquela débeda, case como si todos tiveramos mala conciencia. ¡Coidado con falar mal dos xudeus!. Esto semella darlles certa “patente de corso”: incumprir resolucións das nacións unidas, masacrar os palestinos, forzar indemnizacións dalgúns gobernos europeos, forzar para que nalgúns países da UE poidas ser encarcerado por negar o holocausto, etc., etc., etc. É como si houbera dúas varas de medir. A uns consíntelles todo, mesmo matar, a outros nin siquera sobrevivir. Eu non me sinto responsable do que fixeron outros, que tal vez poidan ter “mala conciencia” e por iso síntome na liberdade de expresar a miña opinión.

Creo que o chamado “eixo do mal” está mal definido, porque non podemos “legalizar”, non se sabe que escuros intereses, en aras de liberar a humanidade. Entendo que o mal definido "eixo do mal" o integran aqueles países que se opoñen a ser controlados polos EEUU e que atentan contra seus intereses económicos e poderío militar.

Nós, a grande maioría ata o de agora silenciosa, o que queremos é un mundo máis xusto, sen guerras preventivas, sen terrorismo, sen globalización económica, cun reparto de riqueza máis equitativo, no que se preserve o medio ambiente coma un ben común, un mundo con auga para todos, un mundo sen fame e sen transxénicos , ..... nunha palabra “UN MUNDO NO QUE PREVALEZA A XUSTIZA CON MAIUSCULAS”. Ata os menos lidos saben que a violencia xera máis violencia, por iso cada día hai máis terrorismo, máis desigualdades sociais, mesmo nos países ditos “socialistas”. Temos que acostúmanos a chamar as cousas polo seu nome, sen rubor nin pudor algún.

Volvendo ao tema da guerra de Iraq: ¿como se debe chamar a unha Guerra, "preventiva” que en tan só catro anos deixou máis de UN MILLÓN DE MORTOS”? . ¿Non son crimes contra a humanidade?. Énchenos de ledicia a noticia de que tal vez o Tribunal Internacional de la Haya xulgue a Bush e a Blair. Esperemos que se confirme. Pero, ¿e Aznar?.¿Non quería sair na foto? ¿ou é que agora prefire desmarcarse dos seus amigos, e adicarse a fórmula 1?. A humanidade, que pasa por un dos seus peores momentos, non pode permitirse o luxo de perder a oportunidade histórica de xulgar aos verdadeiros culpables de tanta guerra, de tanto terrorismo, de tanta inxusticia social. Tan soo así creremos na xustiza, pensaremos que hai futuro e que merece a pena seguir loitando.

0 comentarios