Blogia
CIUDADAN@S CABREAD@S, denunciando al sistema.

O COUREL PIDE AXUDA, ANTE A SÚA DEGRADACIÓN MEDIOAMBIENTAL

O COUREL PIDE AXUDA, ANTE A SÚA DEGRADACIÓN MEDIOAMBIENTAL
   Axuda urxente  para o Courel !
(Por favor, reenvía este correo aos teus contactos)  
A Xunta de Galicia vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización,  de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel  xa hai máis de unha ducia delas.  Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”,  veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ao C o u r e l, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor_Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros,  ...  
O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancares e a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata o Bierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén o remedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballan na zona de Pacios-Vilarbacú e Selmo Leones-Montouto (en parte, antigos territorios do noso Concello). A proposta que fai a Xunta de Galicia é de aproximadamente 1/5 do conxunto montañoso Courelá. Deixa fora a cunca enteira do río Ferreiriño (onde se sitúa o Pregue Tumbado do Courel ) e a metade sur da cunca do Lor, para instalar xa, 3 novas canteiras e autorizar a canteira “Campa-Santa Eufemia”, que segue a funcionar a pesar dunha orde de peche do 2002, confirmada polos Tribunais de Xustiza. A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Pregue Tumbado de Campodola, . A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra. Esta canteira, “Campa-Santa Eufemia”, que ocupa un Espacio Natural declarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, vai ser legalizada de xeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que non contempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda pola propia explotación. Esta é unha canteira “Imposible”, acurralada polos soutos, aldeas, ríos e a estrada comarcal. Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, “Campa-Santa Eufemia”, terá que ser clausurada. Se acontecera despois da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos, en cifras astronómicas. 
Polo tanto nos esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa de inmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores desta canteira, suxerimos: -        
A) Que, tal e como pediron algúns sindicatos, se orzamente dende o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedra de Galiza aos do resto da minaría  e así poder adiantar a idade de xubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas doenzas profesionais. Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.  -        
B) Para conservar e restaurar o patrimonio natural e cultural do Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos que se debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferior aos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida.
Como exemplo, O Principado de Asturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no 2007.   
¿ Que podes  facer ti para axudar  ? 
·        Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que vai dirixido “Ao Presidente da Xunta de Galicia”,  que podes baixar do seguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castellano ou Inglés), asínao, e se podes,  recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos: http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=477&Itemid=2, -        
Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución(báixao de WORD), substituíndo“...os que abaixo asinamos” polo nome da mesma.                                                 
  Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras.  
As sinaturas recollidas mándaas por correo, preferiblemente certificado se podes, á “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.” 
Ou, se tes tempo e te queres implicar máis, entrega o orixinal no Rexistro Público máis cercan, e que che selen unha copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas. A copia resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”  
 A campaña rematará  o 21 de xuño de 2007 coa entrega de sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación. 
Engadimos a continuación os enderezos electrónicos das distintas Administracións, se o tes a ben cópiaos e reenvíalles este correo en tres veces. Si se copian todos xuntos, serán rexeitados polos sistemas informáticos da Xunta. 
Ministra Medio Ambiente<oszurdo@mma.es>
Confederación Hidrográfica<presidente@chn.mma.es>
Obras Públicas e Urbanismo<gabinete.cptopt@xunta.es>
C.Medio Ambiente<mvazquezf@xunta.es>
Conservación Natureza<dxcn@xunta.es>
·        Podes colgar na túa páxina Web o texto deste correo , ou calquera outro motivo relacionado co Courel (Fotos, .). 
·        Non te olvides de reeviarlle este correo aos teus contactos Gracias por  axudarnosUnha aperta                                       O Courel, 5 de maio de 2007                                       
Asociación SOS Courel. Esta mensaxe, vai dirixida aos amigos do Courel, para ao noso entender, defender o Patrimonio de Todos. Se queres máis información con fotos, texto e enlaces mira esta páxina: http://www.ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=1216&mode=thread&order=0&thold=0,   
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Supra Skytop -

Choose your love and love your choice. This is the truth. Do you think so?

DESPERTARES -

Agosto 2010: desastres climatológicos provocados por arma militar HAARP

http://teatrevesadespertar.wordpress.com/2010/08/13/agosto-2010-desastres-climatologicos-provocados-por-arma-militar-haarp/

Visita esta WEB Y descubre toda la verdad que no te están contando, quedarás espeluznado
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres