O DELEGADO DO GOBERNO APIOA OS INCUMPLIMENTOS DE REGANOSA
Petición de amparo ó delegado do goberno D. Manuel Ameixeiras, que dixo que si non se permite a entrada del gasero 'Galicia Spirit' con destino a Reganosa: “se hará cumplir la ley por las fuerzas legítimas del Estado de Derecho” e tamén que dixo que “pueden estar seguros de que va a amparar el cumplimiento de la ley'”.
Os Verdes pedismoslle que o faga, que exisa que se cumpra a lei, pedindo a Reganosa que enseñe o seu plan de Emerxencias Externo para a poboación, que debe ser informada e consultada tal ocomo exise a lei Seveso II, transposta no REAL DECRETO 1254/1999, de 16 de xullo. Ampárenos señor Ameixeiras, faga que se cumpra a lei polas forzas lexítimas do estado Sr. ameixeiras!.
Faga que se cumpra a norma NE 1473 de obligado cumplimiento que di que Reganosa ten que ter unha zoa de exclusión térmica. ¿A qué está esperando Sr. Ameixeiras?
Estamos a espera do cumprimento da lei que vostede tanto di defender!.Faga que se cumpra a Norma NE 1532 (pois o buque non pode sair por si mesmo ó mar en caso de emerxencia)
¿Qué fai a autoridade portuaria e a D.X. da Mariña Mercante que non exisen o cumprimiento desta norma?
Pidalles que a cumpran Sr. Ameixeiras!
Faga que se cumpra a realización da Evaluacion de Impacto Ambiental para así obter a Declaracion de Impacto Ambiental ( r.d. 9/2000 - directiva 97/11/ec), que non a teñen, Sr. Ameixeiras!
Faga que Reganosa cumpra o RAMINP (reglamento de actividades molestas insalubres nocivas e perigosas) que exise un mínimo de 2.000 mts ata os núcleos de poboación agrupada! Aquí están as casas a 100 mts! e Mugardos (6.000 hab.) a 800 mts!.
Vostede teno fácil, Sr. Ameixeiras!
Ampárenos, por favor, Sr. Ameixeiras! ¿Ou prefire só amparar a Reganosa? ¿A quen defende vostede, Sr. Ameixeiras?
0 comentarios